José Calviño Ozores
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de decembro de 1895 Lalín, España |
Morte | 24 de outubro de 1987 (91 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro, político |
Familia | |
Pai | Benito Antonio Calviño |
José Calviño Ozores, nado en Lalín o 31 de decembro de 1895 e finado en Madrid o 24 de outubro de 1987, foi un enxeñeiro e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Benito Antonio Calviño Mejuto. Estudou enxeñería industrial en Madrid e Bélxica. Foi xefe de negociado do Ministerio de Facenda en Madrid e incorporouse á Agrupación Socialista da capital entre xullo de 1934 e febreiro de 1936. Durante a Guerra Civil foi un dos encargados de xestionar a compra de armas para a República como xefe de negociado do Ministerio de Facenda.[1] Foi director da sociedade española CAMPSA-Gentilbus. Foi un dos fundadores da Casa de Galicia de París en 1956. Vinculado ao PSOE, rompeu con el para apoiar ao Partido Socialista Galego, financiando a publicación do seu voceiro Adiante, impreso en Perpiñán en 1965.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Máiz, Bernardo (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-320-4.
- Ramos, Sonia (2020): El Tesoro de Calviño: La misteriosa vida de José Calviño Ozores, un agente de compra de armas de la República.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bugallal, Isabel (18/2/2018). "Un gallego en las cloacas de la República". La Opinión A Coruña (en castelán).